Sane MacGowan e amigos por Haiti
Os malditos tamén tenhen coraçao!
Debe de ser dos primeiros videos benéficos non-hortera que vexo
Vía Contracultura
Os malditos tamén tenhen coraçao!
Debe de ser dos primeiros videos benéficos non-hortera que vexo
Vía Contracultura
Sinto umha grande admiración pola xente que combate a molicie tratando de crear cousas bonitas. E abofé que os Kastomä levan anos a facelo
Xenuíno Son Cerceda Hoygan!
Vía fame&fortune descubrín este divertido video dos Niño y Pistola. Vaise espallando a tendencia de facer videos con catro patacóns e moito sentido do humor entre os indies [ainda que non é nada novo]

E xa que tenho o día videoclipeiro…O outro día estaba eu a bater papo con umha amiga e falamos da última peli de Spike Jonze. Obviamente acabamos a falar do seu mítico video de Fat Boy Slim. E claro, inquedo como son, deume por repasar a videografía do hominho este. Como podedes ver é extensa, variada e caralluda. Mais chamoume poderosamente a atención que é autor de dous dos videos cos que eu flipei na adolescencia [cando non había internet e dependíaas dos colegas con parabólica para ver estas cousas] como son o Buddy Holly de Weezer e o Cannonball de The Breeders.
Seica levo sendo fan de Mr Jonze moitos mais anos do que eu pensaba!
Jairo Iglesias , director que fixo umha interesante triloxía de curtas sobre a guerra civil ven de completar o cadrado coa relización do videoclip de Buratos dos Ruxe Ruxe. Ten o mérito de estar rodado coa Red One A cámra dixital pola que todo friki da imaxe vendería a sua ialma.
Cousa bonita!

Sabedes cando escoitas de primeiras umha peza, e xa desde o comezo gostas de vez? E tes ganas de escoitala compulsivamente. E saes a dar umha volta e non paras de cantarruxala…
Pois iso é o que me aconteceu hoxe a min desde que descubrín na de Sak Mundo Verde de Fluzo o enésimo proxecto do Jevi. E deste home eu xa apenas podo dicir que nen flow, nen xeito, nen gaitas. O que ten é talento a esgalla, tanto como para que un tipo tan afastado do hip-hop coma min sinta tanta admiración por el

Algún chío xa deixei, mais quería dicir por aquí que ando cheo, cheinho, de orgullo e satisfacción de que na selección que fixeron en Capitán Demo de Radio 3 [podcast aquí] das mellores do seu concurso de versións de The Clash houbo dúas nesta lingua-muro que teimamos en empregar
Por suposto unha delas é a inconmensurábel Bilingüismo Harmónico [ a terceira do myspace] do Leo i Arremeghona. Espectacular tema que me fixo escachar da risa cando o escoitei por primeira vez en Aberto por Reformas.
E a outra é umha versión de Tommy Gun de Ruxe Ruxe. Era visto que os de Aríns ían acabar gravando esta peza, pois xa hai anos que Vituco síira a cantala cos Samesugas nun mítico concerto na Nasa.
Mais hai que reconhecer que a felicidade non pode ser total. O triunfo galaico tería sido absoluto se a xente do programa tivera a sensibilidade dabondo para reconhocer todo o talento dos Megaloves na súa revisión de Perfil Perfecto.
E para rematar compre sinalar que no CCCP fomos, somos e seremos seareiros absolutos do gran Strummer

Houbo umha época non moi lonxana, un par de anos atrás, onde era practicamente imposíbel achar bandas portuguesas que cantaran na súa lingua. Porén nos últimos tempos, e non sei por que, a tendencia mudou e cada vez é mais doado dar con grupos que apostan pola lingua de seu. O ultimo que achei foron os portenses Clä [myspace] vía Radio Oceánica
[O programa é o do 10/01/2010 e é moi esclarecedor o momento da entrevista na que afirman que cantar portugués nunca ten sido umha rémora para eles]

Mentres a Gz visíbel e oficial cada vez se volve máis provinciana e casposa de salón sigue a haber vida no subsolo deste país orgullosamente aldeán
Estes días temos boa proba delo coa presentacion conxunta dos Carminha e os Homens, a edición do novo de Capitan Furilo, e a aparición de novas bandas como os carrero bianco [ manha actúan en Trasancos] e a nova esparanza branca do bizzarismo galaico! [e mentres hai vida...]
[A imaxe tireina de eiqui]
De malandromeda xa temos falado aquí. Mais a raiz deste video desde o politburo consideramos imperioso espallar a opinión da fermosa Lilith “Eu sempre o dixem: é o melhor rapeiro da Galiza com diferencia. E do Império Pequeno… of course. Tudo isto sem exagerar o mais mínimo, penso-o de verdade. As bases som a ostia, as letras k-ralhudas e o seu xeito (flow para os modernos) o melhor de Malandromeda.” [agardemos que Lilith non se enoxe por facer pública parte da nosa intensa realación epistolar virtual]
O vídeo esta extraído de OpaChavales.com, site do que non podo opinar xa que está nun código lingüístico inentelíxebel para min
Onte vivín o meu primeiro choque cultural como aldeán emigrante no menisco de un mamut. Fun ata o CUVI ao festival Sonora. Xa conhecía o lugar, mais nunca deixarei de sorprenderme con semellante monumento ao formigón no medio e medio do monte.
Comezaron, tarde, The Rock & Roll Shits. Este é un trío formado por tres jichos [tou a integrarme en Vigo] , Stanley BRinks, Freschard e Ish Marquez,, que seica son reconhecidos nalgún dos universos culturais undergrounds máis cools deses. Non sei se a súa proposta [Umha guitarra, voces e umha pandeireta] é pretendidamente naif , umha brincadeira, ou algo tan vangardista que o meu pobre intelecto non pode asimilar. Que conste que non foi desagradable, mesmo ela ten umha fermosa voz. Mais eu non entendín nada do que estaba a pasar.
E despois saíron I am Kloot [myspace]. Umha banda de Manchester con máis de umha década de traxectoria e da que eu nunca oíra falar. Que conste que eu era unha excepción, porque na pequena pero selecta audiencia [ segundo eles mesmos] había moito seareiro con ganas de escoitalos. Como dixo a minha acompañante, que tampouco é nativa da Cidade máis e moito máis cosmopolita ca min, isto fan “rock do de toda a vida”. E ademais tocan moi ben. Así que gocei do seu concerto 100% british. Aínda menos mal.
Posteriormente, como bo aldeán, perdinme… mais iso xa é outra historia
[Por certo, que a foto é de onte dos I am Kloot e podese premer nela e tal...]
Hai tempo que non incorporo novos grupos anglosaxóns á minha banda sonora diaria. Penso que os británicos Johnny Foreigner son candidatos a suplir esa eiva [ao seu favor están as suas enerxéticas pezas e ter umha rapariga ao baixo, entroutras cousas...]
vía contracultura
O xenio de Quins é o protagonista do track #1 de Iconoscopio , o videoblogue que montou a xente de DSK
Ta rodado na Chavasqueira…e por uns intres sentín morrinha da Burgasville… mais pasou axinha!

Os tornados [myspace] son un grupo de R&B/surf/pop de Porto!
Seica comeza a haber bastantes bandas portuguesas que comezan a cantar na súa lingua no canto da dos saxóns

Houzam! non esquezan que manha voltan os papaqueixos! No non menos mítico GreloFolk en Monfero [onde algún lector do blogue lembrará como hai dez anos chovíanlle litronas ao escenario] e acompañados polas multiples secuelas dos cascarilleiros.
Non vos iredes perder unha festa de tal magnitude….Tades avisados!!
[Hai na sala alguén que me leve ???]
