CCCP

Outubro 11th, 2011

Rugby

Posted by W. Sobchak in Outras lerias
Lin o outro día polo twitter que seica o rugby é hispter. Debe selo por que un gafapasta pseudocultureta coma min devece por el. E tou na época propicia porque  xa vai  máis de un mes de mundial e eu touno a pasar quinindios. Se evitas aos países do leste de Europa ( Romanía, Georgia)é imposíbel ver un partido aburrido. Neste deporte non existe a especulación.
Por momentos pensei en aproveitar para dar a miña visión atravesada do evento, ao estilo traveseiro. E non me faltarían argumentos como as diversas hakas [comparade o estilo voluntarioso dos de Tonga, contra os esmagadores neozelandes, co agarimoso Alli Williams en primeiro plano],  ou mesmo  estilos capilares.
Decidín no facelo, porque non quero favorecer a popularización de algo tan snob [entón tería que buscar outra afección]
De todos os xeitos aínda quedan catro partidos e de seguro que van ser bonitos xa que quedan Gales,  o equipo que mellor rugby fixo ate o de agora, Francia, os inventores do rugby champaña [aínda que ultimamente semella que fan cava extremeño], a imprevisíbel Australia e os inmensos All Blacks. Eu de vos aproveitaba para darlle unha oportunidade a o invento.
Pola miña banda, ando un chisco triste xa que perdeu Irlanda, no que supón o adeus a unha xeración de xogadores [entre eles,  O´connell na foto superior] que me fixo vibrar, e padecer sobre todo, que as veces parecía que eu un deses da beira do Manzanares
E falando de rugby, o outro día vin en disquecool unha ligazón a unha reportaxe  de Informe Robinson sobre o Vigo Rugby e o seu adestrador All Black. Paga a pena.
Marzo 25th, 2007

Parabens para o Rugby de Portugal

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

portugal_rugby.jpg
A seleçom de rugby de Portugal acadou a clasificaçom para a fase final da Copa do Mundo que se vai celebrar em Francia em Setembro.
Parabens para “os lobos” que asemade som a primeira equipa nom profesional que o consegue, e jogaram contra os All Blacks.

Por certo, hai 8 anos vivim umha noite muito fermosa num ateigado estadio de Santa Isabel em Compostela, onde se celebrou um Galiza vs Portugal de Rugby (Aínda lhes custou ganharnos!)
Nom sei como lhe colarom esa a Fraga…
E logo , nom se podería repertir a dia de hoje que tanto protagonismo se lhe está a dar as seleçons galegas?. Será cousa de escrever à federaçom

Outubro 16th, 2015

Shoulder to Shoulder

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

ireland_call
Este blog, en estado vexetativo,naceu para postear cousas bonitas. Pois ben, este vídeo de le monde sobre a orixe do himno da selección irlandesa de rugby moito me prestou.

Que aquí somos seareiros do rugby e dos trevol xa o dixemos moitas veces

Marzo 1st, 2012

Submarine

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais

Mira que se escoita rosmar a xente sobre a cantidade de películas que hai sobre a guerra civil. Hai máis sobre a adolescencia, ou non?  Non supón problemas para min. O da guerra civil tampouco. O que si me ten aborrecido é esa adolescencia extrabrillanteplasticosa e siliconeada dos filmes de Hollywood. E así  co colonizadiños que estamos, sufrimos un asolagamento de animadoras, xogadores de football ( que non soccer), bailes de graduación e demais ritos pagáns. E o peor é que desde outras latitudes copiamos eses ecosistemas.
Se cadra é por iso que me prestou Submarine de Richard Ayoane, infinitamente mais coñecido por ser o nerd Moss en The I.T Crowd. Porén, lonxe de militar no humor absurdo británico  esta pequena, que non cativa,  película  ofrece un bocado de adolescencia, co seu aquel agridoce,  bastante realista, ou polo menos a min mo pareceu. Todo narrado dun xeito persoal, que se agradece.
Ademais esta ambientada nos anos 80 en Gales. Que xa sei que presta moito o de facer comparacións con Escocia, pero mais non valería asumir que os galegos somos mais parecidos aos galeses, menos visíbeis, mais inofensivos ( agás no rugby, claro)

BTW: nin caso coa sinopse en castelán que circula pola rede. Nada que ver

Marzo 2nd, 2010

Lomu o gafapasta

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

[gv data=”CEmpm94c7ZM” width=”450″ height=”344″][/gv]

Acontece que ando, como todos os febreiros, entusiasmado co 6 nacións.  E resulta que o  outro día o afamado [no sentido literal do termo, non o que lle dan en Noia] Modesto afirmaba, non sei ben se por convición ou con vontade de flame, que o Rugby é o gafapastismo do deporte. Eu non podo facer máis que congratularme, xa que non deixo de ser un aspirante, frustrado, a Snob. Así que vou mergullarme no meu gafapastismo para afirmar que,  se ben Brian O´Drsicoll é o xogador que máis me ten emocionado, o máis grande que eu tenha visto é Jonah Lomu, ao que vemos arriba ensaiar con nonseicantos franceses ao lombo

Como diría o outro, cousa bonita  [e moderna]  que mete medo!

Febreiro 5th, 2010

6 nacións!

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

Suponho que isto que vou contar é umha obviedade,  xa que os rigurosos  medios do Reino de Espanha non falan de outra cousa. Mais senhoras, senhores,nenos, nenas, semovientes e demais especies moita atención por favor:  manhá comezá o maior, e mais fermoso, espectaculo deportivo do que se pode gozar ao ano no hemisferio Norte: O 6 nacións de rugby.

E por suposto, como sempre, no CCCP in BOD we trust!

Outubro 16th, 2007

Royalties

Posted by W. Sobchak in Música

royalties.jpg
O sábado sain da casa con toda a intención de ver ao vivo aos Royalties.. pero o rugby cruzouse no meu caminho… Que conste que quedo coas ganas de ver a este interesante trio de rock&roll.

foto extraida de cebolo
[e que baixo tan bonito ten Soni!!!]

Febreiro 2nd, 2007

Go O´Driscoll !!!

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

odriscoll.jpg
No CCCP vivemos oprimidos pola omnipresencia do balompé, e útlimamente tambem polo tiovivo ese dos carros.
Pero nom rexeitamos por completo o deporte Comeza o six nations é convertemonos em forofos deportivos polos vindeiros dous meses. Se dubidades porque gosto do rugby, podesde ver este video comparativo co deporte opressor.
O da imagem é o irlandés Brian O´Driscoll o melhor jogador do hemisferio norde. Agardemos que Irlanda amose todo o seu potencial!!

.. e desde o CCCP aproveitamos para pedilhe a TVG que como servizo público deixe de falar tanto de Sociedades Anónimas deficitarias cheias de multmilionarios borderlines!!