CCCP

Novembro 7th, 2012

Os boxeadores de David Chancellor

Posted by W. Sobchak in Fotografía


David Chancellor é un fotógrafo da banda de Londres que vive e choia  en Sudáfrica.

Prestoume moito a súa serie dos boxeadores  non profesionais de Capetón antes e despois do combate

Novembro 6th, 2012

Mapa sonoro da cidade de Lugo

Posted by W. Sobchak in Outras lerias

Pechen os ollos, poñan uns cascos, denlle ao play e paseen por Lugo!

E mesmo se tes ganas, engades sons ao proxecto

Mágoa que as tapas non se poidan condensar vía sonora…

 

Outubro 31st, 2012

Tobías TItiz

Posted by W. Sobchak in Fotografía


Estiven a mirar o portafolio do alemán Tobias Titz. Aínda ten cousas curiosas
Pareceume especialmente enxeñoso a serie esta na que quita Polaroids retrato da xente e logo tira un primeiro plano das mans suxeitando a foto. Da que pensar, pero no CCCP nunca fomos m8 do noble arte do comentario de texto

Outubro 6th, 2012

Everyday Africa

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Everyday  Africa é un tumblr onde diversos fotoxornalistas retratan o día a día no continente a traves de Smart Phones .

Color…

Setembro 26th, 2012

A máquina de meter medo

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”94y3xptcGfI”  width=”450″][/gv]

Por cousas do choio este que ten secuestrado ao CCCP, atopei o video este do projecto trepia.

Aínda che hai xente talentosa no país este, ho

Maio 24th, 2012

Terbutalina “hostias para todos”

Posted by W. Sobchak in Música

Terbutalina quita o seu novo E.P  Hostias para todos. Cando saíu o seu primeiro disco, alguén me dixo “ideal para gozar del mentres tomas unha xenebra con seven up” Coido que agora é para tomarlle un augardente a pelo. Os tempos son mais escuros. As pezas dos de Esteiro-Ventín tamén. Contundentes, concisas e caralludas.

Descargade ostia!

Maio 23rd, 2012

Michael Tighe

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Os retaratos  de famosos adoitan  resultarme intrascendentes, mais a obra  de Michael Tighe paréceme brutal

Maio 22nd, 2012

Terbutalina vs Falperra

Posted by W. Sobchak in Música

[gv data=”Qhg0KJlI8X4″ width=”450″][/gv]

Maio 10th, 2012

100 anos de Universal

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais, Internete


Os estudios Universal cumpren cen anos. E para elo montaron umha poderosa web onde podedes pasar un bo rato , revisitando grandes momentos da historia do cine.

Maio 9th, 2012

Mr BrainWash

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Mr BrainWash arte urbana desa desde  o Imperio Grande

[eu case que prefería a cara de Marilyn co peinado de Nimoi…]

Maio 8th, 2012

Karolina Jonderko

Posted by W. Sobchak in Fotografía

Karolina Jonderko é unha estudante de fotografía polaca filla dun mineiro . Ten un tumblr cheo de cousas bonitas [e variadas]

 

Maio 7th, 2012

Antonio Seijas

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Antonio Seijas[ blog] é un ilustrador e debuxante de comics da banda da Costa da Morte

Maio 7th, 2012

Hwanghae (The yellow sea)

Posted by W. Sobchak in Audiovisuais


Hwanghae  (The yellow sea)
[ Na Hong-jin, 2010] é un thriller coreano, áspero e frío. Presta bastante. Sobre todo o seu  principio  silandeiro e  contundente. Se cadra contra o final cae un chisco nos xeitos de  manierismo e violencia do cine de acción oriental. Malia todo, compensa. E máis se o comparamos cos produtos  impersonais e efectistas desde xénero cos que nos asolagan desde Hollywood.

[PD: Confeso que aínda que xa sei que os xaponeses non son tan chineses, por momento perdíame cos nomes e o físico dos protagonsitas…]

Maio 6th, 2012

Amo da billarda

Posted by W. Sobchak in Wonderful World

Sempre lle acerto ao primeiro intento…

Maio 6th, 2012

O autorretrato de Huguette Caland

Posted by W. Sobchak in Arte e Desenho

Hogano que un cadro me faga sorrir xa é dabondo.  E este autorretrato da libanesa Huguette Caland conseguiuno.
BTW se andades perto de París podedes ir velo ao vivo

« Páxina anteriorPáxina seguinte »